Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais
Defende as pensións de hoxe e de mañá - Concentracións o 20 de decembro

Defende as pensións de hoxe e de mañá - Concentracións o 20 de decembro

Desde a Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO, ante a situación de alarma creada pola mingua do fondo de reserva da seguridade social, potenciada desde algunhas institucións, queremos facer un chamamento aos pensionistas e xubilados e á sociedade en xeral, pois o sistema público de pensións é perfectamente sostible, aínda que para iso cómpre reforzar a súa estrutura de ingresos.

15-D: #recuperardereitos

AS PERSOAS E OS SEUS DEREITOS, O PRIMEIRO

Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres 2016

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia, ante un novo 25 de Novembro, manifestamos o noso máis contundente rexeitamento á insoportable violencia contra as mulleres, unha sanguenta consecuencia da discriminación e da ausencia de prevención, protección e dereitos necesarios para combater o que constitúe unha flagrante violación dos dereitos humanos.

#ReclamaciónTemporais

CCOO puxo en marcha unha ampla campaña de asesoramento xurídico e sindical para axudar as traballadoras e traballadores temporais a reclamaren a fixeza do seu contrato laboral temporal irregular ou a condición de indefinido non fixo no caso dos temporais irregulares na Administración pública, así como unha maior indemnización económica pola finalización dos seus contratos ou nomeamentos temporais, en aplicación das recentes sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) sobre estabilidade no emprego e igualdade de condicións na indemnización.

Xornada Mundial polo Traballo Decente - 7 de outubro de 2016

A Xornada Mundial polo Traballo Decente véna promovendo a CSI cada 7 de outubro desde o ano 2008, como día de mobilización mundial en que todos os sindicatos do mundo se manifestan esixindo o traballo decente. A demanda de traballo decente foi en aumento ano tras ano de resultas do declive que sufriu o mundo do traballo, no que a nova economía global, lonxe de xerar progreso e benestar para as persoas, incrementou a pobreza e a desigualdade a escala mundial.

Denuncia a precariedade laboral

CCOO impulsa unha campaña para denunciar a precariedade laboral. Segundo os datos de que dispón o sindicato, o 31 % das persoas asalariadas cobra menos do salario mínimo, ao tempo que máis da metade das horas extra non se remuneran. A precariedade tamén está vinculada á sinistralidade: a porcentaxe de accidentes de traballo é case o dobre entre as persoas con contratos temporais.

Xornadas de mobilización - Rachemos coas fronteiras: non ás guerras!

***** 18/19/20 XUÑO 2016 - XORNADAS DE MOBILIZACIÓN ***** Dende a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas expresamos a nosa máis enérxica repulsa polo acordo alcanzado entre a Unión Europea e Turquía como resposta á chegada da poboación desprazada ás costas de Europa. O trato, que implica devolver a Turquía a todas as persoas que cheguen de forma irregular ás costas gregas a cambio de traer desde Turquía un número de persoas refuxiadas equivalente ao de expulsións, consolida o fracaso da xestión desta crise na UE. Unha UE que en setembro de 2015 acordou distribuír 120.000 persoas refuxiadas, das cales case 17.000 debían chegar ao Estado español. Ata agora, só o fixeron 126.

1.º de Maio de 2016 - Contra a pobreza salarial e social: traballo e dereitos

CCOO e UGT esiximos unha nova política que sitúe en primeira liña a recuperación do emprego estable, dos dereitos económicos e laborais arrebatados aos traballadores e traballadoras e a mellora das condicións de vida e de traballo no prazo máis curto posible.

Concentracións o 16 de marzo en apoio ás persoas refuxiadas

CCOO e outras organizacións fan un chamamento a participar nas concentracións convocadas nas diferentes comarcas de Galicia para o mércores 16 de marzo. Con esta acción reivindicativa quérese rexeitar o vergoñento acordo acadado entre a Unión Europea e Turquía para deportar as persoas refuxiadas.

10 de Marzo de 2016 - Día da Clase Obreira Galega

Manifestación en Ferrol ás 19 h desde o monumento ao 10 de Marzo.

Folga non é delito

A folga é un dereito fundamental recoñecido en case todos os países do mundo, pero en España estase a restrinxir o seu exercicio para, ao tempo, silenciar a cidadanía. Preténdese converter o conflito social nun problema de orde pública, camiñando cara a un Estado de carácter policial.

ILP por unha prestación de ingresos mínimos

CCOO e UGT impulsan unha iniciativa lexislativa popular (ILP) por unha prestación de ingresos mínimos. A proposta configúrase como unha axuda de 426 euros mensuais para as persoas que non teñan ningún tipo de ingreso.

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia