Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais
Cabeceira da manifestación de Santiago de Compostela

CCOO esixe que se garanta garanta o acceso á enerxía eléctrica a toda a poboación

  • O sindicato apoiou as mobilizacións convocadas para o 21 de decembro contra os cortes da subministración ás persoas que non poidan pagar a tarifa
22.12.2016.

Comisións Obreiras (CCOO), ante a extensión e gravidade da chamada «pobreza enerxética» en Galicia e no conxunto do estado, esíxelles aos poderes públicos unha resposta que garanta o acceso á enerxía eléctrica a toda a poboación. O sindicato cualifica de «insuficientes» as actuacións que se limiten a «retocar» o actual bono eléctrico.

CCOO convoca concentracións para o día 20

CCOO convoca concentracións en Galicia o día 20 en defensa das pensións

16.12.2016.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO, ante a situación de alarma creada pola mingua do fondo de reserva da seguridade social, potenciada desde algunhas institucións, fai un chamamento á participación nas concentracións que convoca para o vindeiro martes, día 20 de decembro.

Portada da publicación

CCOO amosa a súa «preocupación» pola implantación da lei de inclusión e a «lentitude» nas resolucións da RISGA

  • En 2015 presentáronse máis do dobre de solicitudes da renda que no ano 2008; e o tempo de resolución medio da RISGA é case o triplo do máximo legal
06.10.2016.

Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) amosa a súa «preocupación» polo camiño que leva a implantación da Lei de inclusión. A secretaria de Política Social, Adela Poisa, critica tanto a falta de información, que dificulta facer un seguimento «axeitado» e propostas de mellora, como a «lentitude» nas resolucións da renda de inserción social (RISGA), que case triplican o período máximo legal.

CCOO desenvolveu unha intensa campaña para recoller sinatuars

CCOO e UGT presentaron hoxe máis de 700.000 sinaturas a prol da ILP para unha prestación de ingresos mínimos

  • O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia reuniu case 25.000 apoios para a iniciativa lexislativa popular
25.05.2016.

As confederacións sindicais de CCOO e UGT presentaron esta mañá no Congreso dos Deputados máis de 700.000 sinaturas para avalar a iniciativa lexislativa popular (ILP) que propugna a creación dunha prestación de ingresos mínimos. Trataríase dunha nova prestación destinada a axudar aquelas persoas desempregadas que non perciben ningún tipo de ingreso.

Portada do estudo elaborado por CCOO

CCOO lamenta o «abandono» do sistema de atención á dependencia malia ser un viveiro de emprego en Galicia

  • O aumento dos servizos no SAAD é de «crucial importancia», sinala o sindicato, porque amais de redundar nunha mellor atención, tamén crearía emprego e axudaría a levantar a economía do país
28.03.2016.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras lamenta o «abandono» do sistema de atención á dependencia (SAAD), malia ser un viveiro de emprego en Galicia. CCOO critica a «falta de interese» do PP, que sempre dificultou a aplicación da Lei de dependencia, tanto desde o Goberno central como desde a maioría das comunidades autónomas onde goberna ou gobernou.

Programa do Seminario

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia celebra o XIII SEMINARIO DE MAIORES E PENSIONISAS

  • As persoas pensionistas e xubiladas de CCOO, procedentes de toda Galicia, celebrarán o XIII Seminario de Maiores e Pensionistas do sindicato os días 23, 24 e 25 de novembro, no Hotel Riazor da Coruña
20.11.2015.

Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO de Galicia

O Consello Nacional de CCOO ratifica a necesidade de cambiar as prioridades das políticas económicas, laborais e sociais

  • O sindicato critica os orzamentos do Estado, que prexudican a Galicia, e os autonómicos, polo seu cariz electoralista
23.10.2015.

O Consello Nacional de CCOO de Galicia ratificou o informe presentado hoxe polo secretario xeral, Xosé Manuel Sánchez Aguión. Tamén se aprobaron as contas anuais do 2014, os orzamentos do próximo ano, así como as liñas de traballo sindical para o curto e o medio prazo. No seu informe, Sánchez Aguión reivindicou cambios nas prioridades das políticas económicas, laborais e sociais, "que á calor das consecuencias da crise, e utilizándoa como coartada, están a deteriorar a cohesión social e facendo unha sociedade máis inxusta e desigual". Para o dirixente sindical, se se deterioran os servizos públicos que cobren continxencias "sobre todo das persoas en situacións máis vulnerables", e ademais o emprego que se crea é cada vez mais precario, "a cacarexada recuperación pode agrandar e consolidar as brechas de desigualdade", alertou.

O 'Diario Oficial de Galicia' xa recolle os cambios na Xunta

CCOO sinálalle a Feijóo que «de pouco serve» o cambio de persoas se non hai cambio de políticas

  • Para o sindicato, os cambios nas carteiras de Traballo e Benestar, Medio Rural e Sanidade «proban que as nosas análises e críticas foron atinadas»
05.10.2015.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia considera que a crise de goberno na Xunta e a reestruturación de departamentos acometida por Alberto Núñez Feijóo, especialmente en Traballo e Benestar, Medio Rural e Sanidade, é «a proba de que as nosas análises e críticas foron atinadas». Con todo, CCOO sinálalle ao presidente que «de pouco serve» o cambio de persoas se non se produce tamén un cambio de políticas.

Concentración na Coruña

CCOO esixe medidas a prol do sistema público de pensións

20.12.2016.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO, ante a situación de alarma creada pola mingua do fondo de reserva da seguridade social, potenciada desde algunhas institucións, convocou este martes, día 20, concentracións en varias localidades.

As representantes de CCOO en dúas das adxudicatarias reuníronse hoxe coa concelleira Silvia Cameán

CCOO dá os primeiros pasos para garantir os dereitos do persoal de axuda a domicilio da Coruña

  • As representantes de CCOO en dúas das empresas adxudicatarias reuníronse hoxe coa concelleira de Asuntos Sociais, Silvia Cameán, para formular melloras no servizo
08.11.2016.

A Federación de Construción e Servizos de Comisións Obreiras deu hoxe os primeiros pasos para garantir os dereitos do persoal de axuda a domicilio da Coruña. As representantes de CCOO nos comités de empresa de Clece e Eulen reuníronse hoxe coa concelleira coruñesa de Asuntos Sociais, Silvia Cameán, para que o respecto ás condicións laborais apareza recollido nos pregos de condicións das próximas licitacións do servizo.

Posto da FPX-CCOO na feira Galisenior

A FPX-CCOO participa en Ourense na feira Galisenior

26.05.2016.

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia (FPX-CCOO) participa os días 25 e 26 de maio na feira Galisenior, dedicada ás persoas maiores. O evento ten lugar no recinto feiral Expourense.

A listaxe de espera no SAAD non fixo máis que aumentar desde o ano 2009, sobre todo desde o 2014

CCOO coida «electoralistas» as promesas da Xunta sobre a atención a persoas dependentes

  • O presidente galego presume dun aumento do número de persoas atendidas, pero o sindicato repróchalle o incremento das listaxes de espera
06.05.2016.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) coida «electoralistas» as promesas da Xunta sobre a atención a persoas dependentes. Adela Poisa, secretaria de Política Social de CCOO, considera «positivo» o anuncio do presidente Feijóo de que se incrementará o número de horas de axuda a domicilio, pero repróchalle que faga pública a decisión a menos de dous meses das eleccións xerais e coas galegas previstas para o outono.

CCOO organizou o venres 18 de marzo unha asemblea con traballadoras do sector

CCOO denuncia a «pasividade» da Xunta ante os incumprimentos laborais das empresas de axuda a domicilio

  • No último ano formuláronse máis de medio cento de denuncias por ilegalidades nos contratos e nas cotizacións do persoal
21.03.2016.

CCOO denuncia o incumprimento das condicións laborais de case todas as empresas que prestan servizos de axuda a domicilio en Galicia. No último ano formuláronse máis de medio cento de denuncias por ilegalidades nos contratos e nas cotizacións do persoal. O sindicato acusa a Xunta de «pasividade», pois é a Administración autonómica a que ten as competencias para supervisar o axeitado funcionamento destes servizos.

Galicia Sindical n.º 64

Galicia Sindical n.º 64 (outubro de 2015) - A hora da verdade para a ILP por unha prestación de ingresos mínimos

30.10.2015.

Xa está en liña o n.º 64 da publicación 'Galicia Sindical'. Nesta ocasión, o tema central é o comezo da recollilda de sinaturas para a ILP por unha prestación de ingresos números. Tamén se destaca na portada a manifestación do vindeiro 7 de novembro contra a violencia machista.

Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO de Galicia

CCOO coida que Feijóo entrou no Parlamento «en modo electoral» para o debate sobre o estado da autonomía

  • O secretario xeral do sindicato, Xosé Manuel Sánchez Aguión, asegura que a Galicia da recuperación descrita polo presidente «non se corresponde en absoluto coa realidade»
14.10.2015.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) coida que Feijóo entrou no Parlamento «en modo electoral» para o debate sobre o estado da autonomía. Para o secretario xeral do sindicato, Xosé Manuel Sánchez Aguión, a multitude de promesas do presidente galego «só se poden entender en clave electoral». Os principais anuncios do xefe do Executivo autonómico foron rebaixas fiscais e incentivos económicos á natalidade, sustentados nunha Galicia da recuperación «que non se corresponde en absoluto coa realidade», segundo Aguión.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia