Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas
Brigadistas traballando na extinción dun incendio

CCOO coida que a sentenza do TSXG sobre o incendio de Fornelos de Montes é «insuficiente» e chega «tarde»

  • O sindicato lamenta que o TSXG «valore tan pouco» as vidas dos dous brigadistas falecidos, malia que a Xunta deberá aboar maiores indemnizacións ás familias
19.06.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) coida que a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre o incendio de Fornelos de Montes do 2010, no que faleceron dous brigadistas, é «insuficiente» e chega «tarde». Ademais, o sector da Administración autonómica do sindicato lamenta que o alto tribunal «valore tan pouco» as vidas dos dous falecidos e denuncia que á Xunta lle sae «barato» incumprir a normativa de prevención de riscos laborais, malia que a Xustiza a obrigue agora a incrementar as indemnizacións para as familias.

Manuela Caneda e Roberto Garrido no salón Previsel

A importancia da participación das delegadas e delegados de prevención

12.05.2017.Manuela Caneda, técnica do Gabinete de Saúde Laboral de CCOO

O pasado 10 de maio achegueime ata Expourense para participar de novo en Previsel, salón da prevención e a saúde laboral. Alí, o responsable de Saúde Laboral da Unión Intercomarcal de Ourense, Roberto Garrido, mais eu demos unha charla sobre a prevención de riscos laborais.

Un momento da concentración fronte á sede da CEG

CCOO concentrouse fronte á sede da CEG para denunciar a «nefasta relación» entre a precariedade e o incremento da sinistralidade

28.04.2017.

A Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO convocou hoxe unha concentración fronte á sede da Confederación de Empresarios de Galicia co gallo do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo. CCOO denuncia que as reformas laborais e os recortes incrementan a precariedade, e con ela os riscos de accidentes de traballo. Afirma que a discriminación no traballo e as desigualdades incrementan riscos. Desde o sindicato chaman a atención sobre os colectivos de máis risco: mulleres, mozos e mozas, persoas maiores e migrantes.

Silvia Parga e Xesús Castro, na conferencia de prensa de hoxe

Os accidentes laborais con baixa aumentaron un 12,3 % en Galicia desde a entrada en vigor da reforma laboral

  • O sindicato alerta de que a precaridade laboral pon en risco a saúde: o 19 % dos accidentes de traballo que precisaron baixa médica sufríronos persoas con menos de tres meses no seu posto
25.04.2017.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia presentou esta mañá un estudo no que analiza a sinistralidade laboral no noso país no último ano. Nesta ampla análise, o sindicato denuncia que a deterioración das condicións de traballo e da calidade do emprego representan un risco para a saúde. Neste sentido, a organización sindical alertou especialmente sobre os efectos da reforma laboral imposta polo PP no ano 2012.

Biblioteca pública da Coruña 'Miguel González Garcés'

CCOO alerta do elevado risco psicosocial a que está exposto o persoal dunha biblioteca da Coruña

  • O resultado da avaliación realizada na biblioteca Miguel González Garcés confirma as críticas sindicais sobre a «deficiente» dirección e «mala organización» neste centro público
06.02.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) alerta do elevado risco psicosocial a que está exposto o persoal da biblioteca pública Miguel González Garcés, na Coruña. O sindicato faise eco da avaliación de riscos realizada neste centro público por requirimento da Inspección de Traballo, cuxa petición viña motivada, precisamente, polas denuncias interpostas pola organización sindical. Comisións atribúe o risco á «deficiente» dirección da biblioteca, á que tamén achaca «mala organización» das tarefas.

Campaña de CCOO e ISTAS

Cambio climático e saúde: campaña de CCOO e ISTAS

03.12.2016.

CCOO e ISTAS promoven a adaptación e a protección da saúde humana, e especialmente dalgúns dos sectores máis vulnerables ao cambio climático (agricultura, construción, xestión forestal e turismo, entre outros). O cambio climático non é só un problema para as xeracións vindeiras, senón que é un problema do presente para a actividade produtiva, a agricultura e os diferentes ecosistemas. Prexudícanos con perda de recursos e de emprego, así como cunha grave incidencia sobre a saúde do planeta e das persoas. Ademais, o estado español é un dos espazos xeográficos europeos máis sensibles aos efectos do quecemento global.

Captura de pantalla da web do CTAG

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no CTAG

  • O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia naceu en 2002 para ofrecer servizos de I+D+i á industria local do automóbil
23.09.2016.

A Unión Comarcal de Comisións Obreiras de Vigo denuncia «precariedade e riscos para a saúde» no Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (CTAG). Segundo o sindicato, o CTAG non pode presumir de ser un centro tecnolóxico «punteiro» cando o seu modelo laboral se basea en «salarios miserables», abuso dos contratos temporais e de prácticas, ao tempo que pon en risco a saúde do persoal, cuestión esta que xa levou á apertura dun expediente sancionador.

CCOO denuncia xornadas «maratonianas» no sector

CCOO amosa o seu pesar polo falecemento dun traballador en Navantia-Fene

  • O sindicato alerta do incremento da sinistralidade e pide un maior control por parte da Administrción sobre a aplicación das medidas preventivas
19.05.2016.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia traslada as súas condolencias aos familiares, compañeiros e amizades do traballador G. H. L., que perdeu a vida nun accidente laboral nas instalacións de Navantia-Fene. O operario, de 57 anos, era xefe de equipo na compañía auxiliar Montajes Nervión e perdeu a vida tras precipitarse a un dos tanques dun buque.

CCOO apoia e comparte a denuncia do colectivo de traballadores do IMELGA sobre o estado da sala de autopsias do CHUO

  • As instalacións onde realizan o seu traballo non se axustan ás necesidades mínimas deste tipo de actividade
24.05.2017.

CCOO súmase ás queixas presentadas polo colectivo de médicos forenses e denuncia o lamentable estado das instalacións onde teñen que realizar a súa actividade. Actualmente, están situadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), xa que o Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) carece de instalacións propias da Administración de Xustiza para realizar as autopsias xudiciais.

De esq. a der., Roberto Garrido, Benxamín Vences e Pedro Barreiros, de CCOO-Ourense

CCOO subliña no salón Previsel a importancia da saúde laboral na empresa

  • O evento decorre esta semana en Ourense
11.05.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) participa, un ano máis, en Previsel, salón da prevención e a saúde laboral, cuxa 12.ª edición decorre esta semana en Ourense. Membros do sindicato participaron na primeira das xornadas deste evento cunha charla que serviu para subliñar a importancia da saúde laboral nas empresas.

O secretario xeral de CCOO trasmite as súas condolencias ás familias das vítimas do último sinistro mortal na costa galega

  • A embarcación o 'Nuevo Marcos' afundiu a primeiras horas desta mañá na ría de Pontevedra
26.04.2017.

O secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, transmítelles as súas condolencias ás familias das vítimas do último sinistro mortal na costa galega. A primeiras horas desta mañá, o 'Nuevo Marcos' afundiu na ría de Pontevedra, deixando cando menos dous mortos e un desaparecido.

Gran afluencia á asemblea convocada por CCOO

Gran participación na asemblea convocada pola Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO co gallo do 28 de abril e do Primeiro de Maio

  • Máis de cen delegadas e delegados participaron na asemblea convocada polo sindicato en Santiago de Compostela
21.04.2017.

Na mañá de hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela unha concorrida asemblea para preparar as mobilizacións do 28 de abril e do Primeiro de Maio. Convocados pola Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO, máis de cen delegadas e delegados participaron no acto informativo sobre o Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo e o Primeiro de Maio, Día Internacional do Traballo, dúas datas sinaladas no calendario sindical.

CCOO denuncia acoso laboral no Grupo Antolín Vigo

Acoso, persecución e discriminación laboral no Grupo Antolín Vigo

  • CCOO pide a intervención inmediata da Inspección de Traballo
  • O sindicato sinala que as voces críticas sufriron desde a marxinación na empresa, véndose privadas do bo trato dado a outras persoas, ata despedimentos que se determinaron improcedentes
21.12.2016.

Comisións Obreiras (CCOO) presentou o pasado martes, 20 de decembro, unha denuncia na Inspección de Traballo por «acoso, persecución e discriminación laboral» no Grupo Antolín Vigo. O sindicato adoptou esta decisión tras non recibir resposta satisfactoria por parte do responsable de recursos humanos da empresa, en cuxo coñecemento se puxeran as irregularidades que agora expón publicamente o sindicato.

As modificacións do convenio mellorarán a seguridade deste colectivo profesional

CCOO asina novas medidas de seguridade no convenio de mergullo e pide coeficientes redutores da idade de xubilación

  • O sindicato salienta que se trata de «grandes avances» que mellorarán a situación do colectivo
02.11.2016.

Comisións Obreiras (CCOO) asinou unha modificación do convenio colectivo de mergullo profesional e medios hiperbáricos. O sindicato amosa a súa «satisfacción» ante o «importante acordo», pois inclúe novas medidas de seguridade para mellorar a situación deste colectivo, que realiza funcións perigosas e de alto risco.

Instalacións de Finsa en Padrón

CCOO lamenta o falecemento dun traballador en FINSA-Padrón e agarda que a investigación aclare as causas do sinistro

  • O sindicato traslada as súas condolencias á familia, compañeiros e amizades do operario
05.09.2016.

Comisións Obreiras (CCOO) lamenta o falecemento dun traballador, de 59 anos e afiliado a este sindicato, na fábrica de FINSA en Padrón, na comarca de Compostela. O sindicato traslada as súas condolencias á familia, compañeiros e amizades do operario e agarda que a investigación aclare as causas do sinistro.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: