Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas
Tenda de campaña de CCOO e UGT

CCOO colabora con «Acampa pola paz e o dereito a refuxio»

14.06.2017.

Durante catro días, ducias de entidades sociais, empresas e institucións colaborarán na Coruña con «Acampa pola paz e o dereito a refuxio». Comisións Obreiras, a través da Unión Comarcal da Coruña, é unha destas entidades.

Concentración o pasado mes de xaneiro, en Vigo, pedindo a absolución dos activistas

CCOO súmase á concentración convocada para o luns 13 en apoio dos activistas saharauís

10.03.2017.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia solidarízase cos activistas saharauís do grupo Gdeim Izik que serán xulgados o vindeiro luns, día 13 de marzo, e pide a súa inmediata liberación. Unha delegación de CCOO participará na concentración que se convocará para ese día, ás 12 h, fronte ao museo MARCO, en Vigo.

Milleiros de persoas cruzan a diario a fronteira entre Galicia e Portugal por razóns laborais

Vigo acolle un gran debate sobre o mercado de traballo na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

  • Os secretarios xerais dos maiores sindicatos de España (CCOO e UGT) e Portugal (CGTP-IN e UGT-P) darán unha conferencia de prensa o xoves, día 16
15.02.2017.

A Confederación Europea de Sindicatos (CES) organiza os días 15 e 16 de febreiro, no Auditorio Afundación de Vigo, un seminario sobre os consellos sindicais interrexionais (CSIr). O obxectivo é debater como os CSIr poden influír na activación dos mercados de traballo transfronteirizos, facilitar a libre circulación de traballadores e traballadoras, así como mellorar a cohesión social e territorial.

Fotografía da manifestación en Ourense

Día europeo de accións descentralizadas contra o CETA

  • CCOO volveuse mobilizar contra os tratados de libre comercio entre a Unión Europea e outros países
23.01.2017.

CCOO apoiou o pasado 21 de xaneiro a convocatoria dunha xornada europea de mobilizacións contra o CETA, siglas en inglés do Tratado Económico e Comercial entre a Unión Europea e Canadá, que podería ser aprobado en febreiro. O sindicato, xunto con outras organizacións, mantén que o CETA é un tratado daniño e pide a súa retirada.

Á esquerda, Xosé M. Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO e novo presidente do CSIr

CCOO asume a presidencia do CSIr Galicia-Norte de Portugal

16.01.2017.

O secretario xeral de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, asumiu o pasado venres, día 13, a presidencia do Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal. Substitúe nesta responsabilidade o sindicalista portugués Osvaldo Pinho, da UGT-P, quen presentou perante a asemblea xeral do organismo o balance de actividades do último bienio.

CCOO, a través de Fundamar, é unha das organizacións impulsoras do programa Vigo Pesqueiro

CCOO participou no I Congreso Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal

  • O evento organizouse no marco do programa Vigo Pesqueiro, que procura potenciar o pasado e presente industrial da cidade olívica e da súa contorna
26.10.2016.

A fundación Fundamar, da que forma parte Comisións Obreiras (CCOO), organizou hoxe en Vigo o I Congreso Turismo Industrial Galicia-Norte de Portugal. Especialistas procedentes de ambas as dúas marxes do Miño analizaron e debateron nunha intensa xornada as oportunidades vinculadas ao turismo industrial.

Pancarta da cabeceira da manifestación

Manifestación en Vigo contra os tratados de libre comercio

14.10.2016.

Sindicatos, partidos políticos, organizacións estudantís, asociacións ecoloxistas e outras entidades apoiaron a manifestación que tivo lugar este venres en Vigo contra os tratados de libre comercio que pretende asinar a Unión Europea con outros estados ou espazos económicos (TTIP, CETA e TISA).

A fatiga mata

CCOO para o tráfico na fronteira Salamanca-Portugal para sensibilizar os transportistas contra a fatiga

  • Dentro da campaña A FATIGA MATA
  • CCOO retoma a campaña de prevención contra os accidentes por exceso de xornada
  • O acto contou cunha ampla participación de compañeiros e compañeiras desprazados desde Galicia
04.10.2016.

O sindicato CCOO detén o tráfico na fronteira internacional de Fontes de Oñoro-Vilar Formoso este martes, 4 de outubro, para informar e sensibilizar os transportistas sobre os perigos das prolongadas xornadas de traballo. Retómase así a campaña "a fatiga mata" para axudar a eliminar a precariedade, o exceso de xornada e as tarefas impropias que converten o transportista nun traballador ou traballadora con gran risco de sufrir accidentes. A xornada reivindicativa levouse a cabo entre as 10 e as 12 horas no paso fronteirizo coa entrega de folletos informativos aos transportistas e atendeuse aos medios na propia fronteira de Fontes de Oñoro-Vilar Formoso.

Fotografía de arquivo dunha mobilización na Coruña a prol das persoas refuxiadas

CCOO denuncia os actos de intolerancia e discriminación contra as persoas refuxiadas e migrantes

21.03.2017.

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial, que se conmemora hoxe, CCOO denuncia os actos de intolerancia e discriminación contra as persoas refuxiadas e migrantes. O sindicato defende que esta data é «unha oportunidade» para renovar o compromiso de construír un mundo de xustiza e igualdade, no que non existan discriminacións por xenofobia nin intolerancia racial. Con todo, o racismo e a intolerancia aumentan en todo o mundo, mesmo en Europa.

No centro, Ignacio F. Toxo na conferencia de prensa desta mañá

Toxo: «Hai empresas que pretenden gañar competitividade coa redución de custos do factor traballo»

  • O secretario xeral confederal participou hoxe en Vigo nunha xornada sobre o mercado de traballo transfronteirizo
16.02.2017.

O secretario xeral confederal de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, particiou esta mañá en Vigo nunha xornada sobre as relacións laborais e o mercado de traballo transfronteirizo. O evento organizouno o Consello Sindical Interrexional (CSIr) Galicia-Norte de Portugal, cuxa presidencia rotatoria desempeña actualmente o seu homólogo galego, Xosé Manuel Sánchez Aguión.

Na fotografía, reunión con representantes de En Marea

CCOO-Industria informou a oposición do Parlamento sobre o 'dúmping' no sector do automóbil

06.02.2017.

O Sindicato Comarcal de Industria de CCOO de Vigo cualifica como «moi positivas» as xuntanzas mantidas o pasado venres cos grupos que forman a oposición parlamentaria no Pazo do Hórreo. Na Cámara autonómica, Comisións informou os deputados e deputadas destas formacións da «gravidade» da situación no sector do automóbil da comarca debido á constante perda de empregos, produción e investimentos a prol do norte de Portugal.

Concentración de apoio aos activistas saharauís

CCOO esixe a liberación dos activistas saharuís xulgados por Marrocos

  • O sindicato apoiou a concentración convocada para ese mesmo día, ás 12 horas, fronte ao MARCO (Vigo)
23.01.2017.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia solidarízase cos activistas saharauís do grupo Gdeim Izik que serán xulgados hoxe luns, 23 de xaneiro, e pide a súa inmediata liberación. Unha delegación de CCOO participou na concentración de apoio que tivo lugar este mediodía fronte ao MARCO.

CCOO solidarízase cos activistas saharauís

CCOO solidarízase cos activistas saharuís que serán xulgados o luns 26

  • O sindicato apoia a concentración convocada para ese mesmo día, ás 11 horas, fronte ao MARCO (Vigo)
22.12.2016.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia solidarízase cos activistas saharauís do grupo Gdeim Izik que serán xulgados o vindeiro luns, día 26 de decembro.

O pase será na versión orixinal en francés, con subtítulos en castelán

Proxección de '¡Gracias, Jefe!' e coloquio con participación de CCOO

  • Este documental inspirou as protestas en Francia contra a reforma laboral de Hollande
  • A proxección terá lugar en Santiago de Compostela, pero é necesario que se complete a venda anticipada de billetes (61 localidades)
18.10.2016.

'¡Gracias Jefe!' ('Merci Patron!', no orixinal francés) é a comedia documental que inspirou en Francia as protestas contra a reforma laboral acometida polo primeiro ministro François Hollande. A estrea no estado español será no mes de novembro, pero en Galicia poderase ver o 29 de outubro en Santiago de Compostela, nun evento que incluirá un coloquio con participación de CCOO. Con todo, a actividade só se confirmará no caso de completarse a venda anticipada de billetes (61 localidades).

Cartel da mobilización

Manifestación o día 15 en Vigo contra os tratados de libre comercio

  • A marcha partirá ás 19 h da Vía Norte
13.10.2016.

​O Sindicato Nacional de CCOO e outras organizacións convocan para o próximo sábado, día 15, unha xornada de mobilización contra os tratados de libre comercio que pretende asinar a Unión Europea con outros estados ou espazos económicos (TTIP, CETA e TISA). Con tal motivo, haberá unha manifestación en Vigo ás 19 h que partirá da Vía Norte.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: