Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas
Un momento da xuntanza co Grupo Socialista

A Federación de Servizos de CCOO continúa a rolda cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular

  • O Grupo Parlamentario Socialista concorda co sindicato en que a venda do Popular orixina unha situación «complexa» e ofrece a súa colaboración
14.06.2017.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia continúa a rolda de conversas cos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular. Tras as xuntanzas do martes con En Marea e PP, hoxe tivo lugar unha reunión con representantes do Grupo Parlamentario Socialista.

Un momento da xuntanza entre representantes de CCOO e do PSdeG

A nova dirección de CCOO preséntalle ao PSdeG as liñas de traballo do sindicato para os próximos meses

  • O sindicato salienta a boa acollida que a proposta de unidade sindical tivo por parte do grupo parlamentario socialista
12.06.2017.

Esta mañá reuníronse no Pazo do Hórreo unha delegación da Comisión Executiva Nacional de CCOO e representantes do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE. O encontro forma parte da rolda de contactos do sindicato para lles presentar aos grupos da Cámara tanto a nova dirección da organización como as liñas de traballo para os próximos meses.

CCOO e UGT convidan a celebrar o Día das Letras Galegas

17 de Maio de 2017, Día das Letras Galegas

15.05.2017.

O dicionario da Real Academia Galega define 'idioma' como a «lingua natural propia dunha comunidade humana, especialmente a lingua moderna dunha nación». Ante un novo 17 de Maio, Día das Letras Galegas, as Comisións Executivas da Unión Xeral de Traballadores de Galicia e do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia poñemos en primeiro plano esta definición para subliñarmos a importancia capital da lingua galega para a propia comprensión e concepción do noso país.

CCOO considera que os orzamentos do 2017 perpetúan as políticas de austeridade

CCOO tratou cos grupos parlamentarios sobre a repercusión dos orzamentos da Xunta no emprego público

  • A oposición comprometeuse co sindicato a traballar a prol da recuperación da negociación colectiva no ámbito público
24.01.2017.

Unha representación de Comisións Obreiras (CCOO) reuniuse entre o luns e martes desta semana cos catro grupos do Parlamento de Galicia para tratar a repercusión dos orzamentos da Xunta no emprego público. CCOO valora a «boa acollida» xeral que tiveron as súas propostas, especialmente o compromiso adquirido polos grupos da oposición para que as demandas sindicais estean presentes no debate parlamentario.

CCOO e PSdeG instan a Xunta a clarificar nos orzamentos as súas promesas

CCOO e PSdeG instan a Xunta a clarificar nos orzamentos as súas promesas

  • Esta mañá reuníronse na sede nacional do sindicato unha delegación de Comisións Obreiras e do grupo parlamentario socialista
14.11.2016.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) instan a Xunta a clarificar nos orzamentos as promesas efectuadas por Alberto Núñez Feijóo no seu discurso de investidura como presidente. Así o afirmaron esta mañá os responsables de ambas as dúas organizacións após a reunión que mantiveron na sede nacional do sindicato as representacións de CCOO e do grupo parlamentario socialista.

CCOO pide apoiar as opcións políticas que defendan os postulados do sindicato

CCOO chama a participar nas eleccións do 25-S e a dar o apoio ás opcións políticas que asuman as propostas do sindicato

  • O mantemento do estado do benestar, a revitalización dos servizos públicos, políticas económicas que xeren emprego de calidade e políticas fiscais xustas son algunhas das esixencias sindicais
20.09.2016.

O Comité de Dirección Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) aprobou na xuntanza do pasado 19 de setembro unha resolución co gallo das inminentes eleccións ao Parlamento galego. Desde o «respecto á liberdade das persoas en xeral, e da afiliación a CCOO en particular», o sindicato chama a participar no proceso electoral e a dar o apoio ás opcións políticas que asuman as reivincacións e propostas de Comisións Obreiras.

De esq. a der., J. A. Gómez, Sánchez Aguión e Leiceaga

CCOO agradécelle a Leiceaga o xesto de se reunir primeiro cos sindicatos e reivindica un cambio nas políticas económicas e sociais

  • O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta mantivo un encontro esta mañá cos secretarios xerais de CCOO e UGT de Galicia
09.06.2016.

A sede do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) acolleu esta mañá a primeira reunión do candidato do PSdeG á presidencia da Xunta cos axentes sociais. Na sede sindical, Xoaquín Fernández Leiceaga entrevistouse co secretario xeral de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, e co seu homólogo da UGT, José Antonio Gómez. Aguión agradeceulle a Leiceaga o xesto de se reunir en primeiro lugar cos sindicatos e pediu un cambio nas políticas económicas e sociais tanto en España como en Galicia.

De esquerda a dereita, Ricardo Santos, Roi Fernández e Alejandro Rodríguez

CCOO asiste a unha xornada sobre o Plan forestal de Galicia

23.06.2017.

Unha representación de Comisións Obreiras (CCOO) asistiu esta mañá á xornada monográfica organizada no Parlamento sobre o Plan forestal de Galicia. O sindicato valora positivamente a actividade, xa que se trata dunha cuestión de «grande importancia para o noso país».

CCOO reuniuse cos grupos parlamentarios de En Marea e do PP. Mañá reunirase co PSdeG

A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular

  • O sindicato salienta a boa acollida que a proposta de unidade sindical tivo por parte do grupo parlamentario socialista
13.06.2017.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos políticos En Marea e Partido Popular, e está previsto para mañá, día 14, un encontro co PSG.

Un momento da reunión da Executiva de CCOO co grupo parlamentario de En Marea

CCOO e o grupo parlamentario de En Marea coinciden en que o debate político ha centrarse na recuperación dos dereitos laborais

02.06.2017.

Esta mañá reuníronse no Pazo do Hórreo unha delegación da Comisión Executiva Nacional de CCOO e representantes do grupo parlamentario de En Marea, como parte dunha rolda de contactos da nova dirección sindical cos grupos da Cámara.

Os grupos parlamentarios de BNG, En Marea e PSdeG apoian as reivindicacións do comité

Denuncian irregularidades e solicitan paralizar a licitación do concurso para a limpeza dos edificios administrativos da Xunta

  • Os sindicatos con representación no comité de empresa da actual adxudicataria teñen o apoio dos grupos parlamentarios da oposición nas súas demandas
20.02.2017.

O comité de empresa de Santiago de Compostela da actual adxudicataria do servizo de limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, o Grupo Norte, denuncia irregularidades no prego do concurso e solicita paralizar a licitación. Entre outras, os sindicatos salientan que se detectou a inclusión nalgúns centros dun número de traballadores e traballadoras superior ao real, persoal que aparece na relación de postos de traballo pero que ninguén coñece, persoal con antigüidade recoñecida que non recolle o cadro de persoal ou custos salariais por riba dos efectivamente percibidos.

CCOO e UGT reuníronse cos grupos parlamentarios da oposición

Os grupos parlamentarios de En Marea, PSdeG e BNG conciden con CCOO e UGT na necesidade das mobilizacións

13.12.2016.

Unha representación de CCOO e de UGT reuniuse esta mañá con membros dos grupos parlamentarios de En Marea, PSdeG e BNG para presentarlles as mobilizacións do vindeiro día 15 e as razóns que as sustentan.

CCOO e En Marea amosaron coincidencias na análise da situación económica e social de Galicia

CCOO e En Marea reafírmanse en que «hai alternativas» ás políticas económicas aplicadas ata o de agora para combater a crise

14.10.2016.

Este venres reuníronse na sede nacional de Comisións Obreiras unha representación do sindicato e do grupo parlamentario de En Marea. Por parte de CCOO participaron o secretario xeral, Xosé Manuel Sánchez Aguión, a secretaria de Emprego e Institucional, Maica Bouza, e a secretaria de Política Social, Adela Poisa. A delegación de En Marea integrárona os deputados Luís Villares e Manuel Lago.

Día da Patria Galega 2016

Declaración do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia con motivo da celebración do Día da Patria Galega de 2016

22.07.2016.

Emprego precario e abandono do mercado laboral. Velaí as notas definitorias da cacarexada «recuperación» de que alardea a Xunta de Galicia. O Goberno galego limitouse os últimos anos a facer o que lle ordenan desde Madrid, mentres fica impasible ante do desmantelamento de sectores estratéxicos da economía galega. As únicas medidas adoptadas foron recorte sobre recorte, incluso alén do que pedía o Goberno do estado; isto valeulle á nosa comunidade a consideración de alumna avantaxada da escola dos recortes, a campioa da austeridade.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: