Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais
CCOO apoia as mobilizacións convocadas en repulsa polos crimes machistas

CCOO apoia as convocatorias do movemento feminista contra o último crime machista

  • A última muller asasinada residía no Carballiño (Ourense)
  • Concentracións en toda Galicia mañá martes, 31 de xaneiro
30.01.2017.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia apoia as concentracións convocadas en toda Galicia polo movemento feminista para mañá martes, 31 de xaneiro. CCOO chama a súa afiliación e a toda a cidadanía a participar nos actos de repulsa que terán lugar en diferentes localidades.

CCOO apoia a convocatoria do movemento feminista galego

CCOO apoia as concentracións contra a violencia machista

19.12.2016.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia apoia as concentracións convocadas polo movemento feminista para mañá, día 20 de decembro. En só 48 h, dúas mulleres foron asasinadas no noso país; dous casos cualificados como violencia machista. CCOO apela á súa afiliación e ao conxunto da cidadanía a participar nos actos de repulsa que terán lugar en diferentes localidades.

CCOO contra a violencia de xénero

Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres 2016

21.11.2016.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia, ante un novo 25 de Novembro, manifestamos o noso máis contundente rexeitamento á insoportable violencia contra as mulleres, unha sanguenta consecuencia da discriminación e da ausencia de prevención, protección e dereitos necesarios para combater o que constitúe unha flagrante violación dos dereitos humanos.

CCOO e UGT organizaron en Vigo o XXI Encontro Sindical da Muller

CCOO e UGT organizaron en Vigo o XXI Encontro Sindical da Muller

  • Baixo o lema «a igualdade no mercado laboral: superando obstáculos, rompendo barreiras»
07.10.2016.

Comisións Obreiras e UGT, en colaboración co Concello de Vigo, organizaron os días 6 e 7 de outubro o XXI Encontro Sindical da Muller. Esta edición desenvolveuse baixo o lema «a igualdade no mercado laboral: superando obstáculos, rompendo barreiras».

A igualdade do distinto

A FSC Galicia de CCOO organiza unha xornada LGTBI: A igualdade do distinto

  • O 28 de xuño de 2016, en xornada de mañá, no Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela.
16.06.2016.

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO organizamos esta xornada por considerarmos que cómpre empezar a traballar en Galicia dende o concreto, afondando nos conceptos básicos que nos axudarán a identificar situacións de homofobia e lgtbfobia e dotarnos de ferramentas sindicais necesarias para lles facermos fronte.

Portada da publicación, que se poderá conseguir nos locais do sindicato

A Secretaría da Muller de CCOO edita unha guía sobre conciliación

  • O documento poderase obter en todos os locais do sindicato
28.04.2016.

A Secretaría da Muller de CCOO edita a 'Guía de dereitos de conciliación da vida laboral, persoal e familiar'. O sindicato elaborou este traballo co fin de achegar a lexislación vixente en materia de igualdade de homes e mulleres nas empresas, e para que traballadoras e traballadores coñezan e apliquen os seus dereitos de conciliación da vida laboral, persoal e familiar. A dita guía poderase obter de balde en todos os locais de CCOO de Galicia.

De esq. a der., Pepa Corredoira, Mabel Pérez e Carlos Mella

A Federación de Pensionistas e Xubilados ampliou a reunión do seu Consello Nacional co gallo do Día Internacional da Muller

  • Organizou, ademais, a mesa redonda «Demografía e xénero»
09.03.2016.

O día 7 de marzo, a Federación de Pensionistas e Xubilados de Galicia celebrou en Teo unha reunión do seu Consello Nacional. A esta xuntanza asistiron numerosas compañeiras que, sen formaren parte deste órgano, foron convidadas a participar xa que estaban previstas actividades co gallo do Día Internacional da Muller. Da FPX-CCOO salientan que as mulleres que integran esta federación «contan cunha gran bagaxe de loita sindical e de defensa dos dereitos da clase traballadora».

Mabel Pérez (á esquerda) e Silvia Parga (á dereita) presentaron o estudo

CCOO denuncia a precariedade do emprego feminino en Galicia

  • Un estudo de CCOO sinala que a desigualdade, o desemprego e a precariedade son as principais eivas do traballo feminino en Galicia
03.03.2016.

O Sindicato Nacional de CCOO acaba de presentar un estudo sobre a situación laboral das mulleres en Galicia: «Desigualdade, desemprego e precariedade, as eivas do traballo feminino en Galicia». O documento foi presentado pola secretaria da Muller do sindicato, Mabel Pérez, e a economista Silvia Parga.

Concentración en Santiago de Compostela

CCOO insiste na necesidade dun pacto galego contra a violencia de xénero

  • Unha ampla representación de CCOO participou nas concentracións contra a violencia machista
21.12.2016.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia apoiou e participou nas concentracións convocadas polo movemento feminista o martes, día 20, para rexeitar a violencia machista. O sindicato aproveita para insistir na necesidade dun pacto galego para erradicar a violencia contra as mulleres.

CCOO pide un pacto galego contra a violencia de xénero

CCOO pide un pacto galego contra a violencia de xénero

  • A secretaria da Muller de CCOO denuncia as dificultades das vítimas para accederen ás medidas de protección a que teñen dereito: catro de cada dez solicitudes son rexeitadas
23.11.2016.

Co gallo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se conmemora o próximo 25 de novembro, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia pide un pacto galego contra a violencia de xénero. O ano pasado foron asasinadas sesenta mulleres en toda España, oito en Galicia, e case corenta no que vai de 2016. Cifras oficiais. Ademais, na comunidade autónoma galega denéganse catro de cada dez ordes de protección solicitadas, o cal evidencia a indefensión e as dificultades con que se atopan as vítimas.

Recorte do Diario Oficial de Galicia do 4 de marzo da parte relativa ás vacacións

A Xustiza vólvelle dar a razón a unha traballadora á que lle impuxeron gozar as vacacións en agosto

  • A afectada denunciou xudicialmente a decisión adoptada pola Dirección da biblioteca pública Miguel González Garcés, baseada nunhas instrucións que contraveñen o estipulado no DOG
24.10.2016.

A Xustiza volveulle dar a razón a unha traballadora da biblioteca pública coruñesa Miguel González Garcés, dependente da Xunta de Galicia, á que a Dirección do centro obrigou a gozar en agosto todos os días de vacacións que lle quedaban. Segundo CCOO, a decisión dos responsables da biblioteca adoptouse tomando como base unhas instrucións internas que se aplican desde o mes de maio.

Un momento da concentración de hoxe

CCOO apoia o feminismo coruñés para esixir condicións «dignas» nos abortos terapéuticos

28.09.2016.

Comisións Obreiras (CCOO) secundou este mércores a protesta convocada na Coruña por colectivos feministas, que esixen que haxa condicións «dignas» atención ás mulleres que teñen que pasar por un aborto terapéutico.

Imaxe da entrega dos premios

CCOO entregou o 29 de abril os Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade

01.05.2016.

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo entregou o día 29 de abril os Premios Primeiro de Maio ao Compromiso Social e á Solidariedade. Con estes galardóns, o sindicato quere distinguir persoas ou colectivos que sexan referentes na cidade polo seu labor no ámbito social. Na edición deste ano, as distincións recaerán en Oxfam Intermón e Rosa Fontaíña.

Cartel convocando as concentracións

Concentracións en Galicia para rexeitar o asasinato dunha moza luguesa

  • Mañá xoves, día 14, pola tarde
13.04.2016.

CCOO apoia as concentracións convocadas polas organizacións feministas galegas para rexeitar o asasinato dunha moza luguesa no que parece ser un novo caso de violencia machista. As protestas terán lugar mañá xoves, día 14 de abril, pola tarde.

Pancarta de CCOO na manifestación do día 6 de marzo, en Santiago de Compostela

8 de marzo de 2016: Día Internacional das Mulleres

08.03.2016.

As organizacións sindicais Comisións Obreiras e a Unión Xeral de Traballadores, neste novo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, reafirmamos o noso compromiso de combater todas as formas de discriminación e violencia contra as mulleres.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia