Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais
A Xunta convoca o proceso de acreditación de competencias a través da experiencia laboral

A Xunta convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

  • Válido para determinadas unidades de competencia do catálogo estatal de cualificacións profesionais
14.03.2017.

A Xunta de Galicia convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral. A convocatoria abrangue determinadas unidades de competencia do catálogo estatal de cualificacións profesionais.

Mabel Pérez (esquerda) e Silvia Parga (dereita), na presentación do estudo

CCOO alerta da precariedade laboral entre as mulleres: de media, cobran un 22,1 % menos ca os homes

  • A secretaria da Muller, Mabel Pérez, pide medidas para axudar a «fixar poboación», comezando pola creación de oportunidades en Galicia
01.03.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) acaba de presentar o n.º 24 da publicación 'Cadernos do Sindicato Nacional', titulado «Precariedade e pobreza laboral: a realidade das traballadoras galegas». Este traballo actualiza os datos e conclusións dos documentos realizados polo sindicato en anos anteriores, nos que CCOO fai un balance da situación das mulleres no emprego, con especial atención á calidade dos postos de traballo, ás diferenzas salariais, a como incide o desemprego entre a poboación feminina ou a que sectores están máis ou menos feminizados.

Na fotografía, a manifestación de Santiago de Compostela

Centos de persoas mobilizáronse en toda Galicia para esixir salarios e emprego dignos e se poña o freo ao encarecemento da vida

  • Centos de persoas participaron esta mañá nas concentracións convocadas por UGT e CCOO nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e na manifestación de Santiago para demandar salarios e emprego dignos e que se poña o freo xa ao encarecemento da vida.
19.02.2017.

Aberto o prazo para a acreditación de competencias

A Xunta de Galicia convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais

01.02.2017.

A Xunta de Galicia convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral en determinadas unidades de competencia do catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

En Galicia, peor que no Estado: sobe o desemprego e cae a afiliación

  • CCOO demanda ao presidente Feijóo uns orzamentos en 2017 para as persoas
04.01.2017.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia considera negativos os datos de desemprego e afiliación publicados hoxe. A evolución do paro e da afiliación en decembro é o peor no Estado, reflexo claro do impacto das nefastas políticas desenvolvidas polo Goberno galego

Oficina do Servizo Público de Emprego na Coruña

Os «pésimos» datos do paro demostran que a Galicia debuxada nos orzamentos da Xunta «non existe»

  • A Secretaría de Emprego de CCOO sinala que as cifras amosan máis paro, máis precariedade, menor cobertura e unha situación xeral «peor ca no conxunto do estado»
02.12.2016.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia afirma que os «pésimos» datos do paro rexistrado do mes de novembro demostran que a Galicia debuxada nos orzamentos da Xunta «non existe». A organización sindical agarda que no trámite parlamentario se produzan «cambios substanciais» sobre o documento que aprobe hoxe o Consello da Xunta, «viciado por unha visión distorsionada da situación real do país», sosteñen desde Comisións.

CCOO puxo en marcha a campaña #ReclamaciónTemporais hai poucas semanas

Unha demanda de CCOO consegue a primeira sentenza en Galicia que aplica a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea

  • O labor da asesoría xurídica do sindicato logra que un Xulgado ourensán lle recoñeza a indemnización a unha traballadora interina da Xunta
07.11.2016.

Comisións Obreiras (CCOO) conseguiu que o Xulgado do Social n.º 2 de Ourense lle recoñeza a unha traballadora interina da Xunta unha indemnización de vinte días por ano traballo. A traballadora denunciante recorrera aos servizos xurídicos do sindicato, grazas ao cal logrou que a Xustiza lle recoñeza o dereito a percibir máis de cinco mil euros da Administración autonómica. Esta resolución xudicial é a primeira en Galicia que aplica a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que equipara as indemnizacións do persoal eventual ás do indefinido.

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

CCOO pídelle á Xunta «medidas axeitadas» para que os postos de traballo creados no verán se convertan en «estables e con dereitos»

  • O sindicato demanda que Núñez Feijóo recupere a Consellaría de Traballo unha vez tome posesión como presidente
27.10.2016.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia pídelle á Xunta «medidas axeitadas» para que os postos de traballo creados no verán se convertan en «estables e con dereitos». A secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, coida que o Executivo autonómico debe habilitar os mecanismos necesarios a través dunha «verdadeira» política na materia que converta en estruturais os postos de traballo conxunturais. Cómpre sinalar que, segundo a enquisa de poboación activa (EPA) que hoxe coñecemos, a maior parte do traballo creado foi temporal e asociado aos servizos.

Oficina do Servizo Público de Emprego na Coruña

CCOO reitera a necesidade de cambiar o modelo produtivo de Galicia, cuxos datos de desemprego continúan peor que no Estado

  • O sindicato coida «fundamental» que a Xunta de Galicia actúe para que o sector público sexa un dos motores da economía do país
02.03.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) reitera a necesidade de cambiar o modelo produtivo de Galicia. Os datos de desemprego da nosa comunidade seguen sendo peores que os do Estado. No mes de febreiro permaneceu case estancado o paro rexistrado no noso país, xa que só baixou en 154 persoas con respecto ao mes de xaneiro: diminuíu só un 0,07 %, mentres que no resto de España baixou o 0,25 %.

A recuperación económica ha ir acompañada de recuperación salarial e de dereitos

22 de febreiro: concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva

  • CCOO e UGT ven insostible a situación actual e piden a revalorización dos salarios e a fin da precariedade laboral
20.02.2017.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia convocan para o próximo mércores, 22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actual escenario económico vén definido polo continuo crecemento do produto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016, e uns prognósticos de aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO e UGT entenden que esta incipiente recuperación da economía debe traducirse nunha mellora, tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máis de oito anos de crise.

Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO

Galicia comeza o ano igual que rematou o anterior: máis desemprego e unha situación peor que no resto do estado

  • O pouco emprego que se crea é en condicións precarias e, ao tempo, redúcese a cobertura social
02.02.2017.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia (CCOO) afirma que Galicia comeza o 2017 igual que rematou 2016: con máis desemprego e unha situación económica peor que no conxunto do estado. A secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, denuncia que os poucos postos de traballo que se crean son «precarios» e salienta que nove de cada dez teñen carácter temporal. Doutra parte, a sindicalista alerta sobre a redución da cobertura social: as prestacións por desemprego caeron un 9,61 % desde decembro do 2015, ao tempo que o gasto en prestacións por desemprego se reduciu un 9,83 %.

Menos emprego e un volume insostible de paro, precariedade e pobreza

CCOO ve na última EPA un «balance negativo» do 2016

  • Menos emprego e un volume «insostible» de paro, precariedade e pobreza
26.01.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) ve na enquisa de poboación activa (EPA) do derradeiro trimestre do 2016 un «balance negativo» do último ano. A xuízo da secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, os datos debuxan unha Galicia con menos emprego e un volume «insostible» de paro, precariedade e pobreza. Segundo a sindicalista, a actividade recupérase, mais non o emprego, xa que o noso país segue a padecer os efectos negativos da reforma laboral: substitución de emprego indefinido por eventual e a tempo parcial, peores salarios e menores dereitos asociados.

Pancarta de cabeceira na manifestación de Vigo

Miles de persoas mobilízanse en Galicia para que os seus dereitos sexan o primeiro

  • A cidadanía galega demandou emprego e pensións de calidade, salarios dignos e unha prestación mínima contra a desigualdade na Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo
15.12.2016.

Miles de persoas, convocadas por CCOO e UGT, mobilizáronse hoxe na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo. Esta última cidade acolleu o acto central, coa presenza dos secretarios xerais de ambos os sindicatos, na demanda de que as persoas e os seus dereitos sexan o primeiro.

CCOO e PSdeG instan a Xunta a clarificar nos orzamentos as súas promesas

CCOO e PSdeG instan a Xunta a clarificar nos orzamentos as súas promesas

  • Esta mañá reuníronse na sede nacional do sindicato unha delegación de Comisións Obreiras e do grupo parlamentario socialista
14.11.2016.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) instan a Xunta a clarificar nos orzamentos as promesas efectuadas por Alberto Núñez Feijóo no seu discurso de investidura como presidente. Así o afirmaron esta mañá os responsables de ambas as dúas organizacións após a reunión que mantiveron na sede nacional do sindicato as representacións de CCOO e do grupo parlamentario socialista.

Oficina do Servizo Público de Emprego en Santiago de Compostela

CCOO coida «urxente» que os orzamentos da Xunta inclúan medidas «efectivas» para recuperar o emprego e a protección social

  • O sindicato lamenta que as súas previsións se cumpriran: rematada a campaña do verán, os datos do paro rexistrado amosan unha nova suba do desemprego en Galicia
03.11.2016.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia coida «urxente» que os orzamentos da Xunta para o 2017 inclúan medidas «efectivas» para recuperar a actividade económica e, con ela, emprego e a protección social no país. CCOO alertaba nos últimos meses de que, ao remate do verán, habería un aumento do paro, xa que os postos de traballo creados tiñan «data de caducidade», en palabras da secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data: