Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
Asembleas xerais abertas

xoves 13 de xullo de 2017

O Metal da provincia da Coruña segue en FOLGA

Ante o inmobilismo da patronal, o metal continuará con convocatorias de folga os próximos 13, 20 e 27 de xullo.

Manifestación

Manifestación

Tras o éxito das xornadas de folga dos días 22 e 27 de xuño e 4, 5 de xullo, nas que os traballadores do metal amosaron a súa forza.

Ante o inmobilismo da patronal, o metal manterá as convocatorias de folga para os próximos 13, 20 e 27 de xullo.

Os traballadores do metal, na vangarda da loita dos traballadores, pasan á ofensiva na defensa das condicións laborais, con firmeza, con unidade, con CCOO.

As xornadas do 4 e 5 de xullo tiveron un seguimento masivo co paro integral da actividade relevante do sector na provincia e manifestacións multitudinarias dos traballadores.

 — Para non seguir cos salarios conxelados.

— Para poñerlles límite ás ETT.

— Para regular gardas e reténs.

— Para mellorar as compensacións por desprazamentos.

— Para conseguir a subrogación do persoal das subcontratas de mantemento.

— Para ter capacidade de intervención na xestión das mutuas.

PARA MELLORAR AS NOSAS CONDICIÓNS DE TRABALLO

O Metal da provincia da Coruña segue en FOLGA

xoves 13 de xullo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas