Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia - Compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos

martes 16 de maio de 2017

CCOO pon en valor o acordo en Pescanova malia a actitude doutros sindicatos

  • Asegurouse o sustento económico para 1500 familias, o cal perigaba antes do asinamento do pacto

A Federación de Industria de CCOO pon en valor o acordo marco do convenio do Grupo Pescanova, que agora se deberá levar ás mesas de negociación para o seu desenvolvemento. Comisións salienta a importancia do contido negociado e acordado, malia á actitude doutras organizacións sindicais.

CCOO pon en valor o acordo en Pescanova

CCOO pon en valor o acordo en Pescanova

Desde CCOO destacan que se evitou «o que parecía irremediable», que era o peche da empresa e a fin do sustento económico para 1500 familias. Grazas ao acordo, non hai peches, nin despedimentos, nin recorte salarial.

CCOO felicita as súas delegadas e delegados, sen cuxo apoio non tería chegado a bo porto a negociación deste «longo conflito».

Por último, desde CCOO critican os outros sindicatos implicados, que por intentaren marxinar a CCOO nas negociacións —malia ser a primeira forza sindical— e por difundiren «falsidades» en relación coa actuación desta organización.

CCOO pon en valor o acordo en Pescanova malia a actitude doutros sindicatos

martes 16 de maio de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Mariña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Vigo - Actualidade