Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo

venres 21 de abril de 2017

CCOO coida satisfactorias as reunións cos grupos políticos sobre a municipalización da ORA e o guindastre en Santiago

  • O sindicato salienta o compromiso das diversas formacións e do equipo de goberno cos principais puntos presentados por Comisións

O sector de estradas da Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Galicia considera satisfactorias as reunións mantidas esta semana tanto co equipo de goberno como cos grupos políticos a respecto da municipalización da ORA e do guindastre no Concello de Santiago. Os interlocutores do sindicato comprometéronse coas principais reivindicacións formuladas por Comisións, especialmente a necesidade de que os dereitos das traballadoras e dos traballadores estean no centro do proceso.

Na imaxe, vehículo do guindastre municipal | Foto: Concello de Santiago

Na imaxe, vehículo do guindastre municipal | Foto: Concello de Santiago

Nas entrevistas con cada grupo, a defensa dos dereitos laborais foi o punto de partida para defender a xestión pública directa destes servizos, que podería ser mediante a empresa pública mercantil TUSSA. Aos voceiros sindicais tamén se lles recoñeceu que non foi apropiado deixar a CCOO fóra do proceso ata agora.

Nestas reunións, o sindicato estivo representado polo coordinador do sector de estradas da FSC-CCOO, Marcos Pérez, por un delegado na empresa concesionaria Setex, Antonio Souto, e por un membro da FSC-CCOO na comarca compostelá, Joaquín García.

CCOO coida satisfactorias as reunións cos grupos políticos sobre a municipalización da ORA e o guindastre en Santiago

venres 21 de abril de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • Campaña renda 2016 - A túa cota sindical desgrava na declaración!
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Seguros Atlantis - Fogar e Vida
  • Portal de transparencia