Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais

luns 20 de marzo de 2017

CCOO esixe o incremento salarial e a redución de xornadas no sector das perruquerías de Galicia

  • O sindicato inicia unha campaña de información e presión, mesmo con denuncias na Inspección de Traballo, para lograr que sexan de aplicación en Galicia as melloras do convenio estatal

A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia inicia unha campaña baixo o lema «esixe o teu salario e xornada, é o teu dereito». A iniciativa, que combina información ao persoal con medidas de presión (como denuncias na Inspección de Traballo), reivindica a aplicación tanto dos incrementos salariais como das reducións de xornadas a que obriga o convenio estatal de perruquerías, unha vez que o convenio galego decaeu formalmente o pasado 1 de febreiro.

O convenio estatal mellora as condicións de traballo no sector

O convenio estatal mellora as condicións de traballo no sector

CCOO leva desde o pasado ano defendendo «en solitario» que a situación dos traballadores e traballadoras se equipare en Galicia co marco estatal, o que representaría unha «substancial mellora» nas condicións.

A Federación de Construción e Servizos lamenta que a patronal, malia saber que era obrigatorio aplicar o convenio estatal, intentara que o sindicato CIG —con máis dun 60 % da representatividade— asinase o convenio galego en solitario. Finalmente non se chegou a producir o asinamento, porque CCOO «advertiu desde a primeira xuntanza que o denunciariamos na Consellaría de Traballo».

O cambio ao convenio estatal implica melloras salariais, pero tamén en materia de horarios. Neste sentido, as empresas deberán especificar obrigatoriamente as horas de entrada e de saída do persoal, tendo a consideración de horas extraordinarias as que excedan do cómputo de 1.750 anuais.

Por último, CCOO anima o persoal do sector a acudir aos locais do sindicato para se asesorar e esixir a percepción do incremento salarial a que teñen dereito, así como das condicións das súas xornadas, con efectos desde o pasado 1 de febreiro.

CCOO esixe o incremento salarial e a redución de xornadas no sector das perruquerías de Galicia

luns 20 de marzo de 2017

Documentos relacionados

Cadro coas principais diferenzas [PDF]

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas