Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia - Compromiso sindical: máis sindicato, máis dereitos

venres 17 de marzo de 2017

O metal da Coruña mobilízase cos sindicatos para desbloquear o convenio provincial

Ao redor de 400 delegados e delegadas de CCOO, UGT e CIG concentráronse o xoves, 16 de marzo, fronte á sede patronal da Coruña para esixir o desbloqueo o convenio provincial do metal.

Ao redor de catrocentos delegados e delegadas participaron na mobilización

Ao redor de catrocentos delegados e delegadas participaron na mobilización

Diante da Confederación de Empresarios da Coruña, as persoas concentradas berraron lemas como «reforma laboral, ditadura patronal» ou «convenio xa para o metal».

As negociacións para o convenio comezaron hai dous anos e medio. Neste período, a parte empresarial non aceptou case ningunha das peticións dos sindicatos e mesmo propuxo eliminar conquistas previas.

O metal da Coruña mobilízase cos sindicatos para desbloquear o convenio provincial

venres 17 de marzo de 2017

Áreas temáticas relacionadas

Información - Novas
O teu sindicato - Unións Territoriais - A Coruña - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Ferrol - Actualidade
O teu sindicato - Unións Territoriais - Santiago Barbanza - Actualidade