Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Sindicato Nacional de CCOO de Galicia
#ReclamaciónTemporais
A recuperación económica ha ir acompañada de recuperación salarial e de dereitos

22 de febreiro: concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva

  • CCOO e UGT ven insostible a situación actual e piden a revalorización dos salarios e a fin da precariedade laboral
20.02.2017.

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia convocan para o próximo mércores, 22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actual escenario económico vén definido polo continuo crecemento do produto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016, e uns prognósticos de aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO e UGT entenden que esta incipiente recuperación da economía debe traducirse nunha mellora, tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máis de oito anos de crise.

Na fotografía, a manifestación de Santiago de Compostela

Centos de persoas mobilizáronse en toda Galicia para esixir salarios e emprego dignos e se poña o freo ao encarecemento da vida

  • Centos de persoas participaron esta mañá nas concentracións convocadas por UGT e CCOO nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo e na manifestación de Santiago para demandar salarios e emprego dignos e que se poña o freo xa ao encarecemento da vida.
19.02.2017.

Conflito Estiba

CCOO pídelle ao Goberno que non aprobe o decreto sobre a estiba e que reabra a negociación

  • O sindicato afirma que é falso que a Comisión Europea esixise a modificación do réxime laboral na estiba e cre que o Goberno pretende despedir unha boa parte dos 6600 estibadores, á custa dos contribuíntes, e precarizar as condicións dos demais.
10.02.2017.

CCOO e os demais sindicatos con implantación entre os estibadores —UGT, Coordinadora, CIG e CGT— convocan folga para os días 20, 22 e 24 de febreiro, que paralizará os traballos de estiba en todos os portos españois. A razón desta folga é o propósito do Goberno, do que informou o ministro de Fomento aos sindicatos o pasado 2 deste mes, de aprobar decontado un real decreto no Consello de Ministros, para ser validado nas Cortes, que eliminaría radicalmente todos os dereitos dos traballadores conquistados ao longo de moitos anos de loitas e esforzo.

CCOO lembra que CTAG-IDIADA realizada o seu labor no sector da automoción

Folga en CTAG-IDIADA para esixir mellores condicións

  • CCOO defende a súa adhesión ao convenio do metal da provincia de Pontevedra, máis acorde co actividade que realiza a empresa
10.02.2017.

As traballadoras e traballadores de CTAG-IDIADA están chamados á folga o vindeiro 15 de febreiro. Reclaman a adhesión da empresa ao conveio do metal da provincia de Pontevedra. CCOO defende esta solicitude, tanto por ser coherente co traballo realizado no marco do sector da automoción como porque supón a mellora das condicións salariais e sociais do persoal.

Concentración fronte ao Parlamento para esixir a restitución dos dereitos

Centos de delegados e delegadas do sector público esixen fronte ao Parlamento a «recuperación dos dereitos roubados»

  • CCOO e UGT critican a falta de vontade negociadora por parte da Xunta de Galicia e presentan un recurso contra a convocatoria da mesa xeral por consideraren que «foi baleirada de contido»
06.02.2017.

Centos de delegados e delegadas do sector público desafiaron a chuvia e concentráronse fronte ao Parlamento de Galicia para esixir a recuperación dos dereitos roubados. Alí permaneceron máis dunha hora, demandando que a Xunta de Galicia acceda a negociar. Os representantes dos traballadores e as traballadoras criticaron que o Goberno galego proclame a recuperación económica ao tempo que mantén as políticas de austeridade, que tanto castigaron o persoal do ámbito público e supuxeron un gran recorte no seu poder adquisitivo.

Constitución da mesa negociadora do convenio

Constitución da mesa de negociación do convenio do metal da provincia de Pontevedra

02.02.2017.

Este xoves, día 2 de febreiro, quedou constituída a mesa de negociación co convenio colectivo do sector do metal da provincia de Pontevedra. Na dita mesa haberá vinte e catro representantes, repartidos ao 50% para as organizacións patronais (ASIME, ATRA e Instalectra) e sindicais (CCOO, CIG e UGT). Comisións Obreiras contará con catro membros nesta mesa, o que supón o 16,6% do total. Así mesmo, cada organización poderá contar con dúas persoas que fagan labores de asesoramento.

A Coruña

CCOO mobilízase para esixir a recuperación dos dereitos roubados ás empregadas e empregados públicos da Xunta de Galicia

  • Na mañá deste martes, 31 de xaneiro, realizáronse concentracións de protesta nas catro provincias galegas
  • O Goberno galego proclama a recuperación económica pero non levanta a suspensión de dereitos imposta na lei de medidas temporais 1/2012 que suspendera todos os pactos e acordos do ámbito da Xunta de Galicia
31.01.2017.

CCOO e UGT están convocando xuntos esta campaña de mobilizacións das Áreas Públicas respectivas, baixo o lema "recuperación de dereitos roubados, en defensa da negociación colectiva", contra a aprobación duns orzamentos inxustos que pretenden consolidar o roubo perpetrado polo Goberno da Xunta de Galicia nos dereitos e salarios das empregadas e empregados públicos.

O control de acceso débeo facer persoal propio da Consellaría | Foto: Bernard Blanc (Flickr)

CCOO critica a «privatización encuberta» da praia das Catedrais

  • O sindicato considera «un sen sentido» gastar 150.000 euros con contratar persoal externo que debera realizar as funcións de traballadoras e traballadores da Xunta de Galicia
27.01.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) critica a «privatización encuberta» da praia das Catedrais, no concello lugués de Ribadeo, en tanto que se pretende pór en mans privadas o acceso a un ben público. O sindicato coida «un sen sentido» o gasto de 150.000 euros para a contratación de persoal externo para labores de información e control de acceso a este monumento natural. O Diario Oficial de Galicia (DOG) informo udías atrás da licitación dun contrato para o servizo de ordenación do uso público e divulgación dos valores naturais da praia.

Os grupos parlamentarios de BNG, En Marea e PSdeG apoian as reivindicacións do comité

Denuncian irregularidades e solicitan paralizar a licitación do concurso para a limpeza dos edificios administrativos da Xunta

  • Os sindicatos con representación no comité de empresa da actual adxudicataria teñen o apoio dos grupos parlamentarios da oposición nas súas demandas
20.02.2017.

O comité de empresa de Santiago de Compostela da actual adxudicataria do servizo de limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, o Grupo Norte, denuncia irregularidades no prego do concurso e solicita paralizar a licitación. Entre outras, os sindicatos salientan que se detectou a inclusión nalgúns centros dun número de traballadores e traballadoras superior ao real, persoal que aparece na relación de postos de traballo pero que ninguén coñece, persoal con antigüidade recoñecida que non recolle o cadro de persoal ou custos salariais por riba dos efectivamente percibidos.

A proposta empresarial inclúe uns salarios moi baixos

Pescanova teima en precarizar o emprego e CCOO insta a empresa a «non insultar a intelixencia» do seu persoal

  • A proposta empresarial inclúe uns salarios 'de entrada' ata un 40 % inferiores aos actuais, alén de pór en risco o complemento de antigüidade e a recuperación de poder adquisitivo
17.02.2017.

A Federación de Industria de CCOO de Galicia denuncia que Pescanova teima en precarizar o emprego. O sindicato insta a empresa a «non insultar a intelixencia» do persoal con medidas que incidan nesa liña, especialmente no tocante á recuperación de poder adquisitivo, o complemento de antigüidade e as táboas salariais.

Optima é a actual concesionaria do servizo; nada máis asumilo, despediu unha afiliada de CCOO

CCOO denuncia as "falsidades" da CIG sobre a conflitividade na atención a domicilio de Ferrol

  • Comisións coida "reprobable" que unha organización de clase ataque as delegadas doutro sindicato
10.02.2017.

A Federación de Construción e Servizos de CCOO denuncia as "falsidades" publicadas pola CIG na súa páxina web sobre a conflitividade no servizo de atención a domicilio de Ferrol. No texto publicado nese soporte, acusan -sen probas- dúas delegadas de CCOO de hostigaren unha candidata da CIG que acabou sendo despedida pola concesionaria do servizo. Comisións rexeita estas acusacións e, moi pola contra, revela que as representantes de CCOO foron vítimas dun intento de revogación que non prosperou.

Casa do Concello de Boimorto

CCOO e o Concello de Boimorto inician un proceso negociador para corrixir irregularidades laborais herdadas

  • As etapas anteriores caracterizáronse pola conflitividade e mesmo denuncias do sindicato que se resolveron con sancións; agora ábrese unha nova etapa en que se pretende aprobar un convenio e unha RPT
07.02.2017.

O labor sindical de Comisións Obreiras (CCOO) no Concello de Boimorto dá froitos. O Goberno local anunciou á representación legal dos traballadores e das traballadoras, conformada integramente por membros desta organización, que inicia un «ambicioso» proceso negociador para corrixir irregularidades en materia laboral. As ditas eivas mesmo provocaron un dano ás contas públicas —como informou o sindicato no seu momento—, con sancións da Inspección de Traballo.

CCOO ve moi complicado chegar a un acordo

CCOO ve «moi complicado» chegar a un acordo coa patronal da sanidade privada de Pontevedra sobre o convenio

  • O sindicato coida «absolutamente insuficiente» a oferta económica presentada pola parte empresarial
06.02.2017.

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia ve «moi complicado» chegar a un acordo coa patronal do sector privado sobre o convenio do ámbito na provincia de Pontevedra. O sindicato coida «absolutamente insuficiente» a oferta económica presentada pola parte empresarial, pero tamén critica que non haxa melloras noutros aspectos.

Oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela

Concentración na Coruña contra os abusos patronais en Abanca

01.02.2017.

A Federación de Servizos de CCOO denuncia que Abanca decidiu cambiar a negociación polo enfrontamento cos sindicatos e mesmo co persoal, ao que impón condicións que «non son razoables», ao tempo que continúa a formalizar despedimentos. Contra os abusos patronais, o persoal da entidade está chamado a concentrarse o próximo venres, día 3 de febreiro, ás 10 h, no Palexco (Peirao de Transatlánticos, A Coruña), onde terá lugar a convención comercial do banco.

En primeiro lugar pola esquerda, Javier González, voceiro de CCOO na conferencia de prensa

Mobilización sindical para a recuperación de dereitos na sanidade

  • Concentración o mércores, 1 de febreiro, diante da sede do SERGAS
30.01.2017.

Os sindicatos CCOO, UGT, CIG, CSI-F e SATSE presentaron este luns o calendario de mobilizacións no ámbito da sanidade para a recuperación dos dereitos perdidos polo persoal do ramo.

Buscar noticias anteriores

Buscar noticias anteriores

Data:

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
  • 11.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia
  • Lista de locais do SN de CCOO
  • Fixemos, facemos, faremos historia
  • Resumo de prensa
  • Galicia Sindical n.º 39 - 1.ª quincena de abril de 2013
  • Asina por unha Europa social primeiro
  • Acordos do Diálogo Social en Galicia 2015
  • Autoemprego
  • Queres ser delegado?
  • Fundación 10 de Marzo
  • Atlantis Seguros
  • Portal de transparencia