martes 7 de febreiro de 2012
O 2011 foi outro ano perdido para o emprego en Galicia
27-1-2012.- Os datos da última enquisa de poboación activa (EPA) de 2011 deixan en Galicia un «panorama desolador», en opinión de CCOO, pois perdéronse no último ano 20.200 empregos, o desemprego incrementouse en 36.900 persoas e hai 71.800 fogares con todos os seus membros activos en paro.
CCOO considera «irresponsable» o recorte en política social
6-2-2012.- Comisións Obreiras (CCOO) considera «irresponsables» as declaracións da responsable de Política Social da Xunta de Galicia, quen afirmou que agardaba unha redución dun 30% do investimento dedicado ao capítulo de persoal grazas á privatización das residencias públicas. Para CCOO, efectivamente haberá aforro, pero á custa da deterioración do servizo, amais do empeoramento das condicións de traballo.
Manifestación pola continuidade da fábrica de Alcoa-Inespal na Coruña
3-2-2012.- Esta tarde, a partir das 20 horas, haberá unha manifestación na Coruña para reclamar a continuidade da fábrica de Alcoa-Inespal na comarca. A marcha partirá da Praza da Palloza e rematará diante da Delegación do Goberno.
Máis de mil persoas mobilizáronse hoxe con CCOO en defensa dos servizos públicos
1-2-2012.- Máis de mil persoas mobilizáronse hoxe con CCOO en defensa dos servizos públicos. O sindicato organizou asembleas en diferentes localidades galegas ás 10 da mañá, e posteriormente concentracións ás 12:30 diante de varios edificios administrativos. O de hoxe é o primeiro día dunha campaña que terá continuidade nos próximos meses.
O persoal de NAVANTIA saíu hoxe á rúa para reclamar carga de traballo
31-1-2012.- Continuando coa campaña de mobilizacións prevista, o persoal de NAVANTIA dos estaleiros de Fene e Ferrol saíu hoxe á rúa para reclamar máis carga de traballo.
Os sindicatos abandonan a xuntanza con Traballo
27-1-2012.- Hoxe estaba prevista unha nova reunión entre a Consellaría de Traballo e as organizacións sindicais para abordar a negociación dunha nova relación de postos de traballo (RPT) dos centros públicos dependentes deste departamento.
2-2-2012.- Comisións Obreiras (CCOO) cualifica de «moi negativos» os primeiros datos do paro de 2012, correspondentes a xaneiro, segundo os cales hai en Galicia 271.284 persoas sen emprego, 13.050 máis ca no mes anterior. Ademais, a contratación caeu un 0,4%. Para CCOO, este é o «principal problema» do noso país, «e non se vai resolver con políticas de axuste que contraen a actividade económica e só provocan máis desemprego».
CCOO-Ensino non aceptará reformas que non garantan a igualdade de oportunidades de todo o alumnado
27-1-2012.- CCOO-Ensino non aceptará reformas que non garantan a igualdade de oportunidades de todo o alumnado por considerar que son de gran calado e implicarán importantes modificacións na organización das ensinanzas obrigatorias e postobrigatorias.
25-01-2012.- Hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela o acto de asinamento dun novo paquete de acordos froito do proceso de diálogo social entre a patronal, a Administración autonómica e os sindicatos CCOO e UGT. Para o secretario xeral do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras, Xosé Manuel Sánchez Aguión, os devanditos acordos deben contribuír a mellorar a protección social das persoas máis afectadas pola crise, reactivar a actividade económica, impulsar o tecido produtivo e frear a destrución de emprego.
23-1-2012.- Responsables da Federación de Servizos á Cidadanía de Galicia (FSC-CCOO) e responsables do Sector da Administración Local de CCOO analizaron o pasado venres, 20 de xaneiro, a situación das Administracións locais en Galicia, afectadas polos recortes impostos polos Goberno central e autonómico, que poñen en risco a prestación de servizos básicos á cidadanía.
3-2-2012.- As Federacións da Área Pública de CCOO mantiveron hoxe unha reunión coa conselleira de Facenda na que recibiron información dos recortes que a Xunta pretende facer en materia de dereitos laborais dos traballadores e traballadoras do sector público autonómico.
Unha delegación de CCOO apoia en Portugal o naval de Viana do Castelo
3-2-2012.- Unha delegación do Sindicato Nacional de CCOO do que forman parte Xavier Dongil e Daniel Costas, membros da Comisión Executiva, así como representantes das unións comarcais de Vigo e de Ourense, participan hoxe na manifestación en apoio dos estaleiros navais de Viana do Castelo, en Portugal.
2-2-2012.- CCOO cualifica de «engano demagóxico» o anuncio realizado polo presidente da Xunta de Galicia de eliminar «temporalmente» o plus dos altos cargos, un complemento que representa entre 3.000 e 14.000 euros anuais de retribución adicional para máis de douscentos «privilexiados» directivos do Goberno galego.
CCOO denuncia o «escaso» contido da mesa sectorial de sanidade que terá lugar mañá
1-2-2012.- A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia denuncia o «escaso» contido da mesa sectorial de sanidade que terá lugar mañá xoves, día 2 de febreiro. Segundo CCOO, a Consellaría negouse a incluír na orde do día varias cuestións que o sindicato considera máis urxentes.
CCOO rexeita o límite do 10% da taxa de reposición na oferta de emprego público
31-1-2012.- A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Ensino) denuncia que na mesa sectorial que tivo lugar esta tarde, a Consellaría de Educación «volveu amosar a súa incapacidade e nula vontade de negociación». Xa na propia orde do día aparecía recollida a intención de «informar» sobre a oferta de emprego público (OPE), «predicindo» así o que aconteceu: ningunha negociación coas organizacións sindicais.
CCOO reúne a súa representación sindical en Spanair
28-1-2012.- Os e as representantes sindicais de CCOO en Spanair están reunidos desde as 18:00 horas de hoxe na sede da organización no Polígono Industrial do Tambre, en Santiago de Compostela. Están a analizar a situación que se produce tras a decisión do consello de administración de Spanair de suspender os seus voos desde onte á noite.
CCOO considera unha 'tomadura de pelo' o que a Xunta está a facer con MEISA
27-01-2012.- Esta mañá reuniuse o consello de administración de MEISA, conforme o acordado na xuntanza do pasado 10 de xaneiro entre representantes da Xunta de Galicia e delegados de persoal de CCOO. O sindicato foi convocado ás cinco da tarde para recibir información sobre o plan de viabilidade. No encontro non participou Carmen Pardo, tal como se pedira na referida xuntanza de comezos de mes, senón o xerente.
Sobre 400 persoas reivindicaron xunto a CCOO a recuperación do poder adquisitivo das pensións
25-01-2012.- Ao redor de 400 persoas participaron hoxe na Coruña nunha acción reivindicativa convocada por Comisións Obreiras (CCOO) para reclamar a recuperación do poder adquisitivo que perderon as pensións durante o ano pasado, así como unha suba maior das mínimas.
A xustiza dálle a razón a CCOO e obriga a Supermercados Moldes a reincorporar tres traballadoras
20-01-2012.- A xustiza deulle a razón a CCOO e obriga a Supermercados Moldes a reincorporar tres traballadoras que foran despedidas en 2010 por formaren parte da candidatura do sindicato nas eleccións sindicais. A sentenza, que é firme, rexeita os argumentos da empresa e considera nulos os despedimentos.
17-01-2012.- CCOO reclama para os estaleiros de Navantia en Fene e Ferrol un plan industrial, garantías de futuro mantendo o carácter público e carga de traballo. Así o afirmaron esta mañá o secretario xeral estatal da Federación de Industria, Felipe López, e o responsable estatal do Sector Naval, Ramiro González. Ambos deron unha conferencia de prensa xunta Nicolás Pato, secretario xeral de CCOO-Industria de Galicia, e Manuel Piñeiro, secretario xeral do Sindicato Comarcal de Industria de Ferrol.



